-¿Que opina do carril bus?
-É unha boa medida, aínda que experimental e illada. Entendemos que o Concello da Coruña debería ser ambicioso e levalo a máis rúas, nas que sexa posible, e sobre todo debería facerse un plan de transporte público metropolitano.
-Hai veciños e comerciantes que critican o carril bus...
-Pode resultar algo incómodo os primeiros días, pero os prexuízos son infinitamente menos que os beneficios. Xa escoitei a taxistas e traballadores dos buses destacando as ventaxas.
-¿Hai que mentalizarse?
-Si, pero sobre todo hai que ir a un cambio de modelo, hai unha cultura de uso excesivo dos coches privados e iso ten un coste medioambiental e enerxético. O transporte público reduce o consumo, é por tanto un aforro neste tempo de crisis.
Fuente: La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: