- Cara á Agra do Orzán. 20 de maio entre as 11 e as 12h.Programa inaugural de BARRIOGRAFÍAS, coincidindo coa presentación pública do proxecto, cos medios entre os pasaxeiros habituais nun autobús da liña 7 entre a Praza de España e a contorna do Ágora.
¿Qué hace Xurxo Souto montándola en un bus urbano?
Pues es ni más ni menos que el primero de una serie de programas de radio, denominados "Barriografías", y que continuarán desarrollándose en diversos espacios más:
Un programa de radio itinerante conducido polo músico e comunicador Xurxo Souto, ex compoñente dos Diplomáticos de Monte Alto e veciño do barrio, ao que está ligado dende os seus primeiros pasos como intérprete hai xa dúas décadas. Os espazos, os protagonistas e os colectivos cos que se traballa son produto da investigación realizada na primeira fase de Música en Branco.
Trátase de visibilizar e compartir, a través do formato tradicional da radio en aberto, con público, esas microhistorias musicais e sonoras do barrio. Cada un dos nove programas, entre 60 e 120 minutos nos que se combinan entrevistas con actuacións musicais e rexistro do ambiente, grávase ao vivo nun lugar diferente da Agra do Orzán e almacénase, ao alcance de calquera, no arquivo sonoro do proxecto.
Música en Branco
Xa toca!
Facemos público un proxecto no que levamos a traballar case medio ano. Chámase Música en Branco: memoria da Agra do Orzán e agora, só agora, logo dun proceso de documentación, investigación e análise, está a piques de converterse nunha programación con oito liñas de actividades. Ímolo presentar en movemento.
A liña 7 do autobús urbano da Coruña comunica o barrio de Monte Alto co da Agra do Orzán. Precisamente por iso é aí onde se estreou o luns pola mañá un programa de radio itinerante conducido e dirixido por Xurxo Souto. Barriografías, así se chama o artefacto, percorrerá nos vindeiros meses nove espazos da Agra con entrevistas, música ao vivo e un cento de historias arredor da música, a memoria e as xentes do distrito máis densamente habitado da cidade.
A radio faise para os pasaxeiros e as pasaxeiras do autobús e para quen a queira escoitar logo no podcast das Barriografías; os medios de comunicación están convidados tamén a facer con nós este primeiro traxecto, desde a parada do 7 no Campo da Leña (Praza de España, 24); que todos suban ao autobús en dirección Panaderas a tempo para escoitar a sintonía do programa interpretada ao vivo.
Ao remate do programa, xa no centro Ágora, ás 12.00 horas, contamos o resto nunha rolda de prensa coas inervencións do propio Xurxo Souto, a concelleira de Cultura da Coruña, Ana Fernández, e Julio Gómez, un dos coordinadores deste proxecto de Sinsalaudio para o Concello herculino. Comezamos!
Como complemento, os invitamos a leer el magnífico artículo ha publicado en Praza.com , relatando el proceso y las circunstancias que rodean este ambicioso y original proyecto, al que le deseamos el mayor de los éxitos!
El "soplo" nos lo da @ivanlaguiar, en un retuit de @sihomesi
Imágenes: @sihomesi, Praza.com
+info: vimeo.com, musicaenbranco.org > Barriografias, Barriografías, calendario de actividades, El Ideal Gallego
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: