Xulio Ferreiro indicaba que...
“ao contrario do que fixo durante case catro anos o señor Negreira, a Marea Atlántica traballará para que o transporte público sexa a primeira opción de mobilidade na cidade e non un simple recurso para quen non ten coche, que é o tratamento que leva anos dándolle o goberno municipal "
Implementaremos un sistema alternativo que permita aos usuarios e usuarias máis necesitados acollerse á tarifa plana por anticipado e poremos en marcha bonificacións para familias numerosas”
O cabeza de lista da Marea, que adiantou outras propostas da plataforma cidadá para mellorar o transporte urbano:
“Queremos adaptar á realidade o mapa de rutas actual, concibido hai xa moitos anos e rectificado de forma continua, pero que segue a acusar déficits de servizo nos grandes xeradores de movementos, como os polígonos industriais ou os xa non tan novos crecementos urbanos como o de Novo Mesoiro.
E aquí será clave o transbordo co transporte público metropolitano en ubicacións máis aló da estación de autobuses.
Que a nova mobilidade na Coruña teña vocación metropolitana, e con paradas que fagan de intercambiador urbano ou interurbano en San Diego, Alfonso Molina e Ronda de Outeiro"
Ademais, Ferreiro considera...
“...indispensable facilitar e axilizar o tránsito dos propios autobuses.
De nada serven as frecuencias baixas se o servizo ofrece tempos de 40-45 minutos entre Monelos e Monte Alto, por exemplo.
De cara a facilitar o tránsito e a velocidade media do transporte público, buscaranse as mellores solucións, como habilitar vías de paso preferente para o transporte público en vías con maior densidade de tránsito ou reformar as paradas de autobús, nas que, evitando o aparcamento indebido, se axilicen os tempos de subida e baixada dos usuarios e se asegure a accesibilidade universal”
Por último, Xulio Ferreiro, avogou por...
“...unha política de mobilidade que permita que A Coruña sexa unha cidade máis amable para os peóns, as bicicletas e o transporte colectivo, o que de seguro beneficiará tanto ao benestar común como aos comerciantes, sexan do centro ou dos barrios”
Tamén defendeu o candidato da Marea a posta en marcha “tras anos de espera” de alternativas metropolitanas, “como o tren de proximidade”.
Así mesmo, Xulio Ferreiro considera necesario "fiscalizar a Compañía de Tranvías, que obtén grandes beneficios (3,5 millóns en 2013) que na súa maioría proceden de subvencións municipais".
"Inspeccionar esta concesión é un dereito do goberno municipal, o mesmo que a re-negociación das tarifas e a mellora e implantación de bonificacións ao transporte, como por exemplo, para familias numerosas e a tarifa plana por anticipado, non a posteriori como a última hora aplicou o PP con fins electoralistas e despois dun mandato de abandono ou mesmo desinterese polo bus urbano"
Para finalizar, os recomendamos la lectura de uno de los posts del blog de a Marea, dentro de la sección "Marea da Mobilidade". El título es...
...y da para reflexionar :)
Fuente: mareatlantica.org e mareatlantica 2 quince apostas para a cidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: