2 de febrero de 2007

Eu penso en non aparcar, no planeta, no meu tempo, en subirme a un bus con total normalidade...

Traducimos ó galego un apunte que sae en "La Voz de Galicia":

"Onte a Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que os novos recursos informativos no transporte público coruñés «exclúen de novo a lingua galega». Asegura que «este non deixa de ser un novo incumprimento do Concello da Coruña» en canto ó topónimo oficial."

Hai poucas semanas escribía ó noso correo busurbano un usuario que manifestaba o seu desacordo co feito de que a campaña de promoción do uso do bus non se proxectase en galego (Nota de busurbano.tk: Ou polo menos nos dous idiomas, que tamén estaría ben...).

Xosé Manuel facía estas reflexións:

    Felicítoos sinceramente (ós responsables da Compañía de Tranvías) polo que parece ser unha nova imaxe de promoción do bus urbán na Coruña. Penso que é un acerto asociar a utilización do bus co ecoloxismo e cunha modernidade ben entendida. Só unha tacha:


    ¿Por qué demonios no se utiliza tamén o galego na vosa publicidade? Non vós parece moderno? Non é tamén respectar a natureza-idiómatica?Seguimos os coruñeses sendo distintos aos demáis galegos? Ánimo que seguro que non hai crítica.Dade un pasiño máis en defensa do debil:o galego.


Este é o sentir de Xosé manuel e de outros moitos usuarios e veciños da cidade. No que nos concerne a nós, este foi un dos temas que valoramos nos nosos comezos. Malia que houbo un punto onde quixemos probar a face-lo blog e maila páxina busurbano.tk en galego, consideramos que nos viamos obrigados entón a facer duas versións. Finalmente optamos polo castelán co único ánimo de facernos entender polos que nos visitasen e tivesen problemas de comprensión (se ben o galego é ben doado de entender, e aína más na escrita). O único motivo de non face-la versión "dobre" son cuestións de tempo, xa que nos levaría cáseque o dobre de traballo, e non andamos sobrados.

E así están as cousas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: