5 de febrero de 2018

Carlos Bellas (enxeñeiro) defende un pacto entre partidos polo transporte, o cal "debe estar por enriba da política".

A cuento del osado titular que encabezó ayer el anterior post de este blog, nos da por recuperar en este punto una entrevista con el ingeniero Carlos Bellas  (O Couto, Narón, 1987). Bellas está realizando trabajos bien lejos, en Ruanda. En esta entrevista que rescatamos, realizada por Montse Carneiro para La Voz, Bellas habla de su misión urbanística pero también de otras visicitudes, referidas al transporte urbano, con aire de triste realidad absoluta, indiscutible pero irremediable; y ya no nos referimos a Ruanda...

Dúas veces no transcurso da conversa Carlos Bellas fai unha pausa para remarcar o que di. A primeira vén a conto de como se move a poboación en España, maiormente nas cidades, saturadas de coches e faltas de sistemas alternativos:

«Nas capitais que funcionan ben desde o punto de vista da mobilidade sustentábel, como Vitoria (xa non imos a Holanda ou Dinamarca), todos os grupos municipais están de acordo co modelo. Pode cambiar o goberno, pero o carril bici queda. O transporte debe estar por riba da política. Non se pode facer campaña con iso»

En Ruanda, un territorio montañoso pouco máis pequeno que Galicia onde habitan 12 millóns de persoas, o primeiro país do mundo que prohibiu as bolsas de plástico e un dos máis limpos do planeta, a maioría da poboación ten dificultades para ir á escola ou ao médico porque non ten estradas ou non son accesibles. E resalta Bellas:
«Coa mesma capacidade ca nós, porque en África non son pobres porque sexan menos intelixentes, que ninguén pense que están así pola súa culpa. O que non teñen é coñecemento. Sufriron unha explotación sistemática e non tiveron acceso a el»

-Que fai en Ruanda?

-Estradas. A idea é que no 2027 o 80 % da poboación teña a menos de dous quilómetros unha estrada. O traballo no Banco Mundial permite coñecer a dimensión política, a técnica e tamén a social. Iso é unha marabilla. Estamos a implantar nas estradas sistemas de alerta e protección para mulleres vítimas de violencia machista. 

Os proxectos de transporte estanse a converter en vectores de desenvolvemento. Como enxeñeiro, iso é marabilloso. Ver a cara da xente que che vén dar as grazas polo que lles vai dar esa estrada... non hai salario como ese.

-Así que, malia a austeridade e os rescates, as institucións invisten nas persoas. Vostede pasou pola Comisión Europea.

-Eu creo que si. A órbita europea son 500 millóns de persoas e xestionar iso é moito máis complexo que en Estados Unidos, por exemplo, onde a diferenza de renda entre o estado máis rico e o máis pobre é menor que entre Luxemburgo e Romanía. Conseguir que as áreas máis competitivas de Europa estean á par que Singapur ou California, e que as máis pobres medren o dobre que as ricas para converxer con elas, é moi complicado.

"Do the right mix"

-Como se resolve o problema do transporte urbano?

-Faltan moitas cousas. Na mobilidade sostible hai unha frase, Do the right mix [Fai a combinación axeitada], que axuda a entendelo: trátase de escoller o mellor medio para cada momento. Para ir buscar o pan, vai a pé ou na bici, non vaias no coche...

-Os planeamentos non din iso.

-Claro. Os planificadores, que somos os enxeñeiros, deseñamos as solucións e tratamos de convencer aos políticos para levalas adiante, pero o político traballa para catro anos, e o planificador, para unha xeración.

Aquí os plans de urbanismo e de mobilidade sostible son cousas diferentes, noutros países van xuntos. Aquí no planeamento tes que deixar unhas prazas mínimas de estacionamento e noutros países son prazas máximas. En Canary Wharf, en Londres, hai 2.500 prazas para 75.000 persoas que van traballar todos os días, e así desincentivas o vehículo privado. Aquí...

-É un problema de cooperación?

-A planificación supramunicipal é fundamental. O urbanismo, a mobilidade e a política de vivenda atenden á comarca. Se se decidise así, Novo Mesoiro non existiría, un barrio que non ten saída peonil. Urbanízase unha zona e garántense servizos básicos de auga, electricidade e saneamento, pero non de transporte público, que é un servizo máis.

Pero hai moitas cousas, como o feito de que o transporte urbano dependa dunha compañía que na Coruña pode circular e en Arteixo non. Ese marco regulador non axuda para nada. E a Xunta sábeo, pero poñer de acordo a tantos xogadores de tantas ideas políticas é moi difícil.

-Que facemos cos coches?

-Aparcadoiros disuasorios e tarifas para aparcar máis caras en superficie que baixo terra, porque en superficie compiten cos usos para peóns.

Pero claro, isto é a teoría, porque o alcalde que o faga vai perder as eleccións, a oposición vaino mallar. E xa estamos nas mesmas.

Fuente:
La Voz de Galicia, 03/01/2018, Montse Carneiro
Imágenes:
César Quián  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: