30 de noviembre de 2014

Más descuentos en el transporte metropolitano para familias numerosas y universitarios de la UDC.

O 1 de decembro de 2014 entran en vigor os descontos adicionais de ata un 50% no transporte metropolitano para as familias numerosas e estudantes da Universidade da Coruña.
  • A bonificación de familias numerosas do Plan de Transporte Metropolitano comprende descontos de entre o 20% e o 50% por viaxe.
  • No que se refire aos universitarios, un alumno que viaxe desde o centro da Coruña ou Oleiros ao Campus de Elviña achegará 0,42 euros, un 50% menos que na actualidade.
  • Ambos descontos son compatibles entre si, é dicir, que un estudante beneficiario do programa de axudas da UDC e pertencente a unha familia numerosa de categoría especial que viva en Oleiros e estude en Elviña pagará 0,21 euros, no canto de 0,84.
  • Estes descontos tamén se poden compatibilizar coas bonificación por recurrencia e coas do programa tarifario social.
A Xunta de Galicia pon en marcha desde mañá luns, día 1 de decembro, a aplicación de descontos adicionais a familias numerosas e aos estudantes da Universidade da Coruña.

Preto de 19.000 familias numerosas de Galicia poderán beneficiarse de descontos de entre un 20% e un 50% -en función de se son familia numerosa xeral ou específica- sobre as tarifas do Plan de transporte metropolitano.

Esta medida está recollida no Plan de transporte metropolitano de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e forma parte da Estratexia de apoio ás familias numerosas e do Plan de Dinamización Demográfica da Consellería de Traballo e Benestar.

Uns 300 alumnos da UDC beneficiaranse este ano do programa de axudas ao transporte da universidade, sendo xestionadas estas bonificacións polo programa de transporte metropolitano da Xunta de Galicia.

Ambas bonificacións son compatibles entre si e cos outros descontos do programa tarifario (sociais e recorrencia) nas catro áreas nas que está en marcha (A Coruña, Ferrol, Santiago e Lugo), sen que o importe total das bonificacións poida superar o importe total da viaxe.

O sistema de axudas para as familias numerosas e universitarios será o mesmo que o que se aplica para a bonificación por recorrencia para os usuarios que superan os 40 viaxes ao mes. Por exemplo, as viaxes realizadas no mes de decembro serán contabilizadas e procesadas e o sistema realizará en febreiro unha recarga na tarxeta pola contía da bonificación con tan só introducila no caixeiro automático.

Plan de Transporte Metropolitano de Galicia

Estas medidas están recollidas dentro do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, concretamente do Programa de integración tarifaria, a través da ordenación da oferta de transporte e o abaratamento do custo por viaxe aos usuarios.

As axudas aos universitarios son concedidas pola universidade en función da renda persoal dispoñible segundo o establecido na correspondente convocatoria de axudas.

As subvencións ás familias numerosas son bonificadas pola Xunta, no marco do Plan de Transporte Metropolitano e das estratexias marcadas pola Estratexia de Familias Numerosas e polo Plan de Dinamización Demográfica.

O Plan de transporte metropolitano de Galicia comezou a súa andadura no ano 2011 e, actualmente, está implantando nas áreas da Coruña, de Santiago de Compostela, de Ferrol e de Lugo, e as cifras demostran que é un éxito xa que se ten rexistrado un millón de viaxes ao mes no conxunto destas catro áreas.

O PTM (Plan de transporte metropolitano) implica unha serie de beneficios para os cidadáns, que se traducen nun aforro medio anual para un usuario frecuente do transporte público de entre 300 ata 1.000 euros, dependendo da orixe e destino dos seus desprazamentos.

Os orzamentos da Xunta para 2015 incrementan en máis dun 42% a partida para o transporte metropolitano co obxectivo de estender a súa implantación a Vigo, Ourense e Pontevedra, e incrementar o número de concellos das áreas nas que xa funciona.

Fonte: xunta.es
Máis fontes: La Voz

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: