11 de septiembre de 2010

Atasco de media hora por mal aparcamiento... Y mal aparcamiento por mala colocación de contenedores.

Al pasado jueves se remonta el blog del Ventorrillo para mostrar otra perla en cuanto al tema eterno de dejar el coche donde nos sale de los... esos. Lo transcribimos en tres pasos:

1.- Un vehículo mal aparcado provoca un colapso circulatorio el pasado jueves a las 16:30 horas de la tarde en la calle Alfredo Tella.

2.- El autobús urbano de la línea 7 tuvo que hacer varias maniobras para poder pasar, y un autocar de Inditex más de lo mismo.


3.- Cuando el vehículo ya estaba cargado en la grúa, llegaron cuatro jóvenes a por el vehículo. Al final, la grúa se llevó el coche.

Fijáos dónde y cómo están puestos...

Hasta aquí, vale.

Ahora, el discursito:

Como ciudadanos, conductores y usuarios de la línea 7 -cuando la usamos-, estamos bastante descontentos en general con la política que lleva el departamento responsable de la colocación de los contenedores por las calles de la ciudad.

Comprendemos que existen unas pautas básicas que determinan la ubicación ideal de los grandes cubos con ruedas. Pero si examináis cómo están colocados los de detrás del coche mál aparcado, llegamos a una conclusión muy sencilla:

Los contenedores están MAL colocados -apelando a la lógica de exjugadores de Tetris-.

Ojo, nos referimos a los contenedores de este tipo, los "móviles" enganchados con el herraje de sujección que se enclava en el suelo; no a los soterrados.

Apelemos, mejor, al sentido común...

  • ...O se deja espacio para una plaza de aparcamiento -en cuyo caso no habría noticia, puesto que ese coche hubiese cabido y estaría bien aparcado-

  • ...o se ocupa todo el espacio completo y dedicado a contenedores varios, a partir del semáforo y en la extensión que sea necesaria.

Y NUNCA la CHAPUZA de dejar un hueco de quiero y no puedo, para que los incautos o pasotas de turno metan dos tercios de coche y ocurra lo que ocurre.


De esta manera tan tonta se están perdiendo un porcentaje de plazas de aparcamiento. Y es que no todos los vecinos del Ventorrillo tienen un C2 o un Micra...
Anda que el de la furgona en la esquina...:


Así que, según nuestra visión de la cuestión...

1º.- Les está bien empleado a los que dejaron el coche así, por supuestísimo.

2º.- Hacemos constar que los culpables/responsables primeros son -en nuestra opinión- los que han permitido/planificado/ejecutado la colocación de esos contenedores no fijos en esa ubicación.

Más ejemplos otro día.

Como siempre, apelamos a vuestras opiniones, para comprobar si tenemos algún punto de razón, o se nos ha ido total y absolutamene el juicio...

Fuente: Blog del Ventorrillo
Imágenes: Blog del Ventorrillo y Google Street View
Regañina: El blog busurbano

8 comentarios:

  1. Puedo aseguraros que en la zona de Los Mallos hay unos cuantos contenedores así!

    ResponderEliminar
  2. Te creemos. Lo peor es que "negligencias" de estas (por denominarlas de algún modo) se reparten por toda la ciudad...

    Seguiremos mostrando las que interfieran de algún modo con el ideal y óptimo funcionamiento del bus urbano, sea en calles o en paradas.

    Y es que la abundancia de contenedores -se ha aumentado su número desde hace una temporada, cosa que es de agradecer- no debería estar reñida con su nivel de estorbo. Hay maneras de hacer las cosas y lo peor es que nos consta por lectores del blog que existen peticiones y solicitudes que no son atendidas por el departamento correspondiente del Ayuntamiento.

    Gracias, Annónimo; puedes si así lo deseas aportarnos fotos por si algún día creamos un blog al respecto ;-).

    ResponderEliminar
  3. As cousas non son así de sinxelas como pensa un. O Concello non vai chimpando así ao chou os colectores de lixo pola cidade adiante, os colectores soterrados ou ben os aros que os suxeitan son marcados polo Concello nos lugares axeitados sen que afecte aos distintos servizos que discurren baixo o solo (rede de saneamento pluviais e alacantarillado, rede semafórica, rede de electricidade, rede de gas, rede de auga, rede de telecomunicacións, etc.), poñer un colector nun lugar non é tan sinxelo como un se pensa.

    A culpa non é do Concello por deixar pouco espazo para un vehículo dun determinado tamaño, se non colles non colles e non o deixas mal aparcado, quizáis o concello debería deixar ese espazo para motos, bicicletas ou poñer beirarrúa, pero o verdadeiro culpable da situación é o que aparcou de forma incorrecta.

    ResponderEliminar
  4. Primeiro, deixemos claro que nos referimos unicamente ós contedores "móviles" tradicionais, grises e amarelos, de residuos orgánicos ou inorgánicos asidos polos ferraganchos de aceiro inoxidable.

    Segundo, tal parece que os van chimpando, Anxo, por Dios; polo menos nun porcentaxe a ter en conta :-)

    E non nos podes dicir que -por exemplo- se para facilitar a ubicación/acceso dunha praza de aparcamento de minusválido se ten que prescidir de furar -polo dos servizos subterráneos que comentas- e hai que busca-la vida con bordillos ou ocos na acera que recollan e soporten ós contedores, para que ó pobre do home lle sexa máis doado aparcar, e que non o puteen deixándoo sen o seu sitio reservado... ¡¡claro que se pode facer, Anxo!! Pero non se pensa antes!! E despóis non se corrixe!! ¿Enténdesnos?:-)

    E en canto ó que nos lle botamos a culpa do do outro día, canta razón tes!: Evitar o conflito inutilizando ese oco para aparcamentos frustrados de coches; e como ben suxires, que o deixen para motos ou cun banquiño onde sentar diante da carnicería...

    Pero non se pensou!! E non se corixíu!! E como somos todos unha panda de incívicos, ocorren os casos do outro día. E eso vese cando se fai, ¿ou ti non te darías conta ó instalares os contedores alí e así? Ti, Anxo, que te quedas cos detalles e te fixas en moitas cousas, pararíaste un intre e reflexionarías: "Diaño, neste oco non cabe un coche medio; aínda vai vir algún a aparcar e vaino deixar atravesado...". Pensarías, ¿non si?
    Pois eso é ó que nos referimos ;-)

    Insistimos, Anxo, falamos dos contedores de sempre, e volvemos a insistir, moléstanse moi pouco en ubicalos con sentido práctico e esforzo de boa vontade e responsabilidade.

    De feito, ás veces, habilitado o oco na acera, que traballo leva dabondo, acábase sumando un dos verdes "orgánicos" ó carón, como de propina, da igual que enriba da acera, ó lado, no medio, e descalabra una rua enteira... e encóntraste con casos como o de Alfredo Tella: Antes cabías co coche, agora non. E 3 ou 4 prazas menos en duas ruas anexas!

    Retámosche amistosamente, por suposto -como sempre é o noso carácter no blog, por moito que pareza que nos cabreamos- a explicar ou xustificar certo número de casos concretos que dalgunha maneira afectan a prazas de aparcamento, tanto estándar como de minusválidos; e a ubicacións de contedores mellor aproveitables para permitirlles ós buses aproveitar mellor as paradas.

    Perdóanos semellante rollo, Anxo -ti e todos- :-) pero é que estamos moi sensibilizados co tema, e moi descontentos con estes detalles tan tontos, que da pena pensar en que se hai que preocupar deles con mais mimo, home. :-)

    Vai fixándote -facédeo todos, por favor- pola rua e xa nos contarás se nalgunha delas non te sorprendes dicíndote a ti mesmo: "pois se colocaran estes contedores así, podería ser que esto estivera mellor..."

    Cerramos "chapa" e pasámosvos o turno. Saudiños e boa noite.

    PD: Como ti dis ó final, Anxo, "o verdadeiro culpable da situación é o que aparcou de forma incorrecta" o outro día. A ese xa lle levou o coche o guindastre, pero ha vir outro, e outro día outro, e con eles un atasco de 20 ou 40 minutos. ¿Quén ten a chave pra atallalo? (...) Mais sinxelo..., imposible.

    PD: Seica o do tal Freddy é unha "movida" relativa ó reciclaxe e a limpeza da cidade? Pois se é así, a ver se falamos con el polo tema este...
    ;-)

    Un saudo para os responsables do tema limpeza e contedores, que aínda que lles metamos caña, nos consta que se esforzan no seu chollo coma o que máis.

    ResponderEliminar
  5. Ben fáloche con coñecemento de causa, e dígovos que poñer un aro suxeita colector non é tan sinxelo, primeiro vai un técnico do concello onde marca o lugar axeitado para non furar ningún servizo soterrado, logo tes a típica protesta dos veciños que non o queren diante do seu portal xa que xera cheiros que o movas máis para alí que o edificio nese ha molestar menos, que achégamo ao garaxe para que non me aparquen e quede máis espazo, non sabes a de problemas que xera a colocación dun colector.

    A de facer ocos nas beirarrúas para non quitar prazas de aparcamento ou molestar o menos posible o "chimpar" o verde detras sobre a beirarrúa, ide preguntar aos do servizo de recollida de basura que lles parece que lles aparquen diante do colector e non o poidan quitar, ou que para quitar o que está na beirarrúa teñan que andar ata o paso de peons máis próximo para sacalo á calzada. Seguro que poránse moi contentos.

    De feito este tipo de instalacións elimináronse, xa que aínda que se pintaba a calzada de amarelo para que non aparcasen pola noite para poder retiralos, (como pasa sempre dame igual penso aparcar onde me pete), os coches (mellor os donos) aparcaban diante dos colectores non facilitando a sua retirada, os do servizo de limpeza deixaron de andar levantando os colectores para quitalos e deixaron de baleiralos coa conseguinte protesta dos veciños que sempre tiñán os colectores cheos e xeraban cheiros.

    Así que como vedes a solución non é fácil, xa que coma sempre pasa por respetar os espazos e aparcar de forma correcta, cousa que nesta cidade é moi dificil que se leve a cabo, a no ser que empecen a poñerse en serio os municipais.

    ResponderEliminar
  6. Escápanseno-los detalles técnicos, certamente, porque non é tema que dominemos. E desde esta perspectiva, non somos quen de ser medianamente obxectivos. Tedes que perdoar.

    Pero agora Anxo, danos simplemente o teu parecer do que che inspira cando vas no coche por unha calle das de aparcamento en diagonal e ó fondo sempre ves sobresair o cu dalgún coche -que dificulta o paso normal dos outros ou do bus urbano- cáseque un metro! E logo descobres que é porque hai uns contedores e porque estes "caras" aproveitan o espazo de diante pra deixa-lo coche.

    O noso parecer é que hai que atallar eso mesmamente. Pois ou se crea unha illa de acera e os contedores ó borde do carril (cómodos pra os barrendeiros, que tamén hai que pensar neles) ou se "blinda" unha zona específica (como hai exemplos, e sen necesidade de furar, ollo!, que se poden delimitar espazos de maneira ben xestionada) ou algo haberá que idear novo...

    Está claro que se cando metemos o zapato nun burato e nolo pisan, volvémolo a meter e vólvennos a pisar, primeiro, vou polo que me pisa e despóis non o volvo meter, por se hai outro igual...

    En fin, pensamos que xa fomos pesados dabondo con este tema concreto e polo momento imos ter que seguir vendo os mesmos casos nos mesmos lugares. Eso, que nos facemos plastas de máis.

    Gracias polas tuas puntualizacións, Anxo, que de seguro teñen máis base que as nosas :-) De feito, contamos con que nos razones casos concretos, se te prestas a elo, xa que como nos dis, estás máis ó tanto deste tema.

    Saudiños a todos!

    ResponderEliminar
  7. Da o mesmo fagas o que fagas como se queres ampliar no caso da foto a beirarrúa e poñer enriba os colectores han aparcar enfrote igual.

    Fíxate o Domingo pola mañán collín a liña 5 en San Andrés cara a A Cabana, pasando por Juan Flórez vin as novas plataforma das paradas e cal foi a miña sorpresa que ao chegar a parada das Josefinas "Telefónica" sobre a nova plataforma da parada había un todoterreo aparcado enriba dela que dificultaba a entrada dos pasaxeiros.

    Qué facemos poñer unha base de cravos que soamente se baixen co peso do autobus?

    Porque xa me dirás que máis se pode facer para que non se aparque nas paradas, pensas que non van a aparcar sobre estas plataformas, pois xa ves si o fan. Que solución hai a única empezar a aplicar man dura contra os infractores de tráfico.

    ResponderEliminar

Comentarios busurbanos...: