El concello informa de las alteraciones en el transporte urbano en esta jornada de domingo 23 de abril de Maratón Coruña-42 por gran parte de las vías por donde circulan los buses urbanos. Echamos mano de la nota oficial:
A proba deportiva, e a celebración da carreira popular de 10 Km, que se celebra de forma simultánea, provocará modificación dos traxectos das liñas...:
1,1-A, 2, 2-A, 3, 3-A, 4, 5, 6, 6-A,
7, 11, 17, 21, 22, 23, 23-A e 24
1,1-A, 2, 2-A, 3, 3-A, 4, 5, 6, 6-A,
7, 11, 17, 21, 22, 23, 23-A e 24
A celebración da proba deportiva causará afeccións ao servizo de buses urbanos naquelas liñas con destino ao hospital Abente y Lago ou a Monte Alto, que deberán circular ata Catro Camiños para continuar por Castiñeiras, viaduto de Alfonso Molina, praza de Ourense e avenida do Porto –onde se colocará unha parada provisional en cada sentido de circulación á altura da rúa Entrexardíns–, para continuar polo túnel de María Pita até a praza das Atochas.
Lìñas 1,1-A, 2, 2-A, 23 e 23-A:
Circularán a partir deste punto pola avenida do Metrosidero, Maestranza e Abente e Lago, facendo parada na Praza dás Ánimas e continuando polo túnel de O Parrote cara á avenida do Porto, praza de Ourense, Alfonso Molina e Pajaritas, para regresar a Catro Camiños, desde onde cada liña incorporarase ao seu itinerario habitual, coa excepción da liña 1, que accederá aos Castros pola avenida de Oza.
Liñas 3, 3-A, 4, 5, 6, 6-A, 7, 11 e 17:
Desde a Praza das Atochas incorporaranse en Orillamar ao seu itinerario habitual. Ao regreso de Monte Alto, desde Campo da Leña continuarán por Baltasar Pardal, Praza das Atochas, Metrosidero, Maestranza e Abente e Lago, baixando cara á Praza das Ánimas para acceder ao túnel do Parrote, Estrada do Porto, praza de Ourense, Alfonso Molina, Pajaritas e Catro Camiños, desde onde a liña 17 continuará pola avenida de Oza cara aos Castros, para recuperar o seu itinerario habitual, mentres que as demais (3, 3-A, 4, 5, 6, 6-A, 7 e 11) circularán por Castiñeiras, Federico Tapia e praza de Galicia para incorporarse en Juan Flórez, 10, ao seu percorrido.

Ademais, como consecuencia da carreira de 10 Km, que afecta á entrada e saída do polígono de Adormideras, así como ao tramo do Paseo Marítimo comprendido entre o instituto Ánxel Casal e a Torre de Hércules, a liña 3 circulará desde a avenida de Navarra pola Rolda de Monte Alto e avenida de Hércules, para incorporarse ao Paseo Marítimo na glorieta da Casa dos Peixes. A liña 3-A circulará desde a glorieta da Casa dos Peixes pola avenida de Hércules, Rolda de Monte Alto e avenida de Navarra para acceder a Adormideras (sempre que as condicións de carreira o permitan). En calquera caso prevese que a partir das 10.00 ou as 10.15 horas queden liberados os accesos e poida recuperarse a circulación e o itinerario habitual das liñas 3, 3-A e 5 en Adormideras.
Por outra banda, as liñas 21, 22 e 24, ao non poder acceder a praza de Pontevedra por praza de Ourense e Juana de Vega, desde Catro Camiños transitarán por Castiñeiras e Federico Tapia ata Francisco Mariño, para facer cabeceira en Juan Flórez, 10.
A zona comprendida entre San Andrés, Barrié da Maza, rúa Hospital e Matadoiro non disporá dos servizos de transporte urbano habituais, polo que a Concellería de Mobilidade, en función do lugar no que se atopen as persoas usuarias, dirixirse aos puntos máis próximos, que poden ser:

> Juan Flórez, 10,
> avenida do Porto,
> Campo da Leña,
> Rúa da Torre
> ou avenida de Hércules.
As persoas que collan o bus 1, 14 e 17 na avenida do Exército deberán, durante a mañá do domingo, trasladarse á avenida de Oza para acceder a estas liñas.

Ademais dos cambios nos itinerarios das liñas de bus, as probas deportivas terán incidencia no funcionamento das paradas de taxi de Modesta Goicouría, que se despraza a Rubine, e dos Cantóns, que se suprimirá ata as 14.30 horas, mentres que as paradads da Casa do Mar e o Paseo da Dársena manteranse operativas.
A Concellería de Mobilidade Sostible informa do dispositivo de tráfico que se establecerá este domingo, día 23, con motivo da celebración da carreira C42, o VI Maratón Atlántica, que transcorrerá, desde as 08.30 horas, entre os Cantóns, o estadio de Riazor, a enseada marítima e a zona do porto ata Oza, con meta na praza de María Pita, e que provocará restricións no tráfico, polo que o Goberno local recomenda empregar a Ronda do Real Club Deportivo como vía de entrada e saída da cidade.
Así, desde as 5.30 e ata as 14.30 horas quedarán cortados ao tráfico os Cantóns, desde Ambrosio Feijóo ata Praza de Mina. Ademais, desde as 8.00 e ata as 13.15 horas procederase ao corte total de Juana de Vega, praza de Pontevedra, Modesta Goicouría e o Paseo Marítimo (entre a glorieta da Casa dos Peixes ata a das Esclavas), así como da rúa Manuel Murguía desde as Esclavas ata Almirante Lángara. Como desvíos para eludir o percorrido da proba nestes puntos habilitarase o dobre sentido do túnel da praza de Pontvedra, para permitir a conexión de San Andrés con Juan Flórez e Francisco Mariño a través de Duran Loriga, poñendo dobre sentido ata a rúa Hortas. Ademais, cambiarase o sentido da rúa Santa Catalina cara a San Andrés. Nos Cantóns permitirase a saída de vehículos do párking na saída do Obelisco, para virar a dereita a contramán cara a Santa Catalina.
A celebración do maratón, que coincide tamén coa proba popular de 10 km –que sairá do Cantón grande ás 08.45 horas– suporá igualmente o corte de praza de Mina, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera e a avenida do Exército (ata a glorieta de Oza) entre as 08.00 e as 14.00 horas, así como a estrada do Porto. Para permitir percorridos alternativos, habilitarase un carril para cada sentido de circulación desde Praza de Ourense ata o viaduto de Alfonso Molina pola calzada do lado do porto. Ademais, o tráfico de entrada procedente da avenida da Pasaxe desviarase á glorieta de Casablanca, con paso polo túnel dos Castros aberto de forma exclusiva aos vehículos que van ao Porto. Do mesmo xeito, o tráfico de entrada do túnel de Eirís desviarase á glorieta de Casablanca. Para realizar estes percorridos manterase aberto un un carril, en sentido saída da cidade, desde Primo de Rivera cara a Ramón y Cajal, e o mesmo desde rúa Fontán e Padre Feijóo cara a Alfonso Molina.
Proba popular de 10 km
Igualmente, con motivo da celebración, de forma simultánea ao maratón, da proba popular de 10 km, entre as 08.30 horas e as 10.15 procederase ao corte total do Paseo Marítimo, desde o Castelo de San Antón ata o IFP de Monte Alto (antes da glorieta da Casa dos Peixes). O acceso ao túnel do Parrote quedará pechado desde As Ánimas, sentido saída da cidade, manténdose o sentido entrada, e habilitarase un carril con tráfico alternativo para acceder desde As Ánimas ao Oceanográfico. Ademais, darase tráfico alternativo na rúa García Canzobre (Residencia Torrente Ballester) para entrada e saída de Adormideras cara á avenida de Navarra.
Estacionamento
O estacionamento quedará restrinxido nos dous lados de Modesta Goicouría, e na avenida Pedro Barrié de Maza entre Pasadizo do Orzán e a rúa Sol, e no Hotel Meliá María Pita. Igualmente, estará vetado o estacionamento en Juana de Vega e praza de Mina, mentres que en Linares Rivas si se poderá aparcar, ao igual que en Primo de Rivera (e moverse cara á Palloza). Na zona do avenida do Exército estará permitido aparcar en moverse cara a Ramón y Cajal (do lado da Fábrica de Tabacos ata Casa do Mar) pero non na beira oposta, de xeito que non se poderá aparcar na estrada do Porto ata a Palloza, tampouco en Ramón y Cajal ata rúa Río Monelos ou na rotonda da avenida do Porto coa Rolda de Outeiro nin esta última vía neste treito. Do mesmo xeito, quedará restrinxido o estacionamento na avenida do Porto, desde a avenida do Exército ata rotonda de San Diego. As restricións de estacionamento estenderanse durante a mañá tamén na rúa Manuel Casas, na avenida do Porto na contorna do edificio de Correos, e Ambrosio Feijóo.

Como advirten desde a Concellería de Mobilidade Sostible, nas zonas de estacionamento que estean dentro do percorrido impedirase desaparcar durante a celebración do evento, salvo que exista un carril habilitado nese punto, ou se sinalice expresamente a súa prohibición, como en Juana de Vega, Modesta Goicouría. Do mesmo xeito, durante a proba non se poderá retirar
vehículos estacionados na rúa do Matadoiro (desde Rúa Cantábrico ata Santa Teresa), na praza do Reloxo das Lagoas, entre as Esclavas e Almirante Lángara ou no pazo dos Deportes, de onde se deberá saír cara á avenida da Habana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: