21 de enero de 2018

La futura licitación de la concesión de Tranvías reúne a comité de empresa y Concello.

Noticia -importante para el futuro de la plantilla de Tranvías- que rescatamos de la web del Concello da Coruña:

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, reuniuse o pasado día 19 de xaneiro en María Pita co comité de empresa da Compañía de Tranvías de cara a dar resposta ás súas inquedanzas ante a futura licitación do contrato de transporte urbano da Coruña.



O edil insistiu en que "garantir a seguridade xurídica dos e das traballadoras é unha prioridade", motivo polo cal o Goberno local asinou coa representación do cadro de persoal un documento no que se compromete a constituír unha mesa de traballo no marco do proceso de preparación do novo contrato e con anterioridade á redacción dos pregos do mesmo.
"Isto facilitará o diálogo social con respecto ás condicións laborais dos e das empregadas"

O edil insistiu en que, como en calquera proceso licitador por parte do Concello da Coruña...
"...garantiremos a non precarización e a salvagarda das condicións laborais e salariais adquiridas, incorporando nos pregos de contratación cláusulas sociais supervisadas pola asesoría xurídica municipal"

Como recordou, a proposta da creación deste novo órgano partiu do propio executivo municipal.
"As cláusulas sociais servirán para asegurarnos que a empresa contratista contará co cadro de persoal necesario para o desempeño do seu traballo, sendo o número mínimo de empregados e empregadas o que está previsto no actual contrato"

Á vez, aludiu ao principio de subrogación contido no acordo marco estatal sobre materia do transporte de viaxeiros e viaxeiras por estrada.
"Ao mesmo tempo, tamén traballaremos para que se respecten e manteán as condicións máis beneficiosas adquiridas no contrato actual polo cadro de persoal nos procesos de negociación do convenio colectivo"

Todos e todas as traballadoras que teñan dereito a subrogación deberán ser contratados durante todo o período de vixencia do novo contrato.

Fuente e imagen:
Coruna.gal, 19-01-2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: