8 de octubre de 2015

Ayudas para Transporte Universitario en marcha! Consultad las condiciones (áreas #Coruña #Ferrol).

Unas pinceladas para enmarcar la información de las ayudas al transporte universitario, correspondientes al curso 2015-2016 y a los Campus de Coruña y Ferrol (transporte urbano/metropoliano).
Ojo, que el plazo termina el 23 de este mes de octubre.

Esto que os dejamos más a mano es un extracto.
No os transcribiremos todo el contenido, ya que no procede. Consultad todos los detalles, condiciones y requisitos en el documento descargable tanto en galego como en castellano.



EXTRACTO DE CONDICIÓNS 

OBXECTO E PERSOAS BENEFICIARIAS
A Universidade da Coruña (UDC) convoca as axudas para o transporte urbano na cidade da Coruña ou para transporte das areas de transporte metropolitano da Coruña e Ferrol destinadas ao alumnado da UDC que estea matriculado no curso 2015-2016 dun mínimo de 30 créditos nunha titulación oficial no Campus da Coruña ou no Campus de Ferrol e cumpra os requisitos esixidos nesta convocatoria.

MODALIDADES E CONDICIÓNS DE DISFRUTE DAS AXUDAS
As modalidades de axudas serán dúas:
  • unha destinada ao transporte urbano da cidade de A Coruña e 
  • outra destinada ao transporte metropolitano das Áreas Metropolitanas da Coruña e de Ferrol.
Para poder beneficiarse desta axudas no transporte urbano da Coruña será requisito inescusable estar en posesión de:
  • Tarxeta Millenium no caso do transporte urbano na cidade da Coruña. Para axilizar a xestión da axuda, no caso de non teren a citada tarxeta, recoméndase ao alumnado solicitala canto antes acudindo as oficinas do Concello da Coruña sitas na Estación de autobuses, no Forum Europa; no Agora ou ben no Pazo de María Pita.

  • Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia para as áreas metropolitanas:

    • a) No caso do alumnado da UDC que curse estudos na Coruña os desprazamentos bonificados son os desprazamentos entre calquera concello da Area de Transporte Metropolitano da Coruña e os concellos da Coruña e de Oleiros nos que se localizan as dependencias universitarias.
      A relación de concellos que integran a ATM da Coruña aparece recollida no seguinte enlace web: http://tmg.cmati.xunta.es/area-da-coruna

    • b) No caso de alumnado da UDC que cursa os seus estudos en Ferrol os desprazamentos bonificados neste caso son os desprazamentos entre calquera dos concellos da Area de Transporte Metropolitano de Ferrol e o concello de Ferrol no que se localizan as dependencias universitarias.
      A relación de concellos que integran a ATM de Ferrol aparece recollida no seguinte enlace web: http://tmg.cmati.xunta.es/area-de-ferrol.

    • En ningún caso se aplicaran estas bonificacións aos desprazamentos que se realicen fóra das ATM citadas ou que supoñan relacións entre concellos que pertencen a dúas áreas metropolitanas distintas.

O alumnado que curse estudos na Facultade de Ciencias do Deporte e resida no concello da Coruña terá que estar en posesión da TMG para poder se beneficiar da axuda.
 
A tarxeta Millenium non da dereito a esta bonificación.

A TMG debe adquirirse ao prezo unitario establecido nas oficinas da entidade bancaria colaboradora no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia no seguinte enlace web:
http://tmg.cmati.xunta.es/tarxeta-metropolitana-introducion.

ABOAMENTO DAS AXUDAS
  • O aboamento das axudas a través da TMG farase efectivo para as persoas beneficiarias no momento en que estas efectúen a recarga da tarxeta a finais do mes seguinte a aquel no que comecen a aplicarse as axudas. As persoas beneficiarias dispoñen dun prazo de dous meses para efectuar a recarga da axuda. No caso de non facela neste prazo esta recarga caducará e perderán o dereito a percibir a axuda.

    As persoas beneficiarias das axudas poden consultar o estado das súas recargas no seguinte enlace: http://tmg.cmati.xunta.es/consulta-tarxeta.
  • No caso da tarxeta Millenium para transporte urbano o alumnado terá un prazo de dous meses para activala desde a resolución definitiva da convocatoria. No caso de non facelo así perderá o dereito a axuda.
    A tarxeta Millenium non estará activa no mes de agosto do ano 2016 polo que aquel alumnado que non fixara uso da totalidade das viaxes subvencionadas antes desa data, perderaas.
O número máximo de anos que un alumno/a pode gozar desta axuda será:
  • Para os estudos das ramas de enxeñaría e arquitectura: dous anos máis dos establecidos no plano de estudos
  • Para o resto dos estudos : un ano mais dos establecidos no plano de estudos.

CONTÍA DAS AXUDAS CASO MILLENNIUM
(para tódolos detalles, acudide ó documento descargable)

O importe máximo da subvención por cada alumno será en todos os casos de 90,24 €.
  • No caso do Campus da Coruña e para usar no transporte urbano coa tarxeta Millenium disporá de 188 viaxes subvencionadas pola Universidade con 0,48 euros cada unha.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
As axudas concederanse en función da Renda Persoal Dispoñible (de menor a maior RPD) definida esta como a renda familiar da persoa solicitante, calculada segundo establece Real Decreto 595/2015 do 3 de xullo, polo que se establecen os límites da renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2015-2016 e se modifica parcialmente o Real Decreto 1721/2007, do 21 de decembro (BOE do 4 de xullo). En ningún caso se poderá recibir esta axuda cando a RPD sexa superior ós 13.500€.

SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes deberán cumprimentarse a través da aplicación informática á que se accede dende:
http://aplicacions.sic.udc.es/SolicitudeBonobus ou
http://servizos.udc.es

Unha vez cumprimentada a solicitude, esta deberá ser impresa e asinada polo/a solicitante e mais polos demais membros computables da familia. Xunto coa solicitude haberá que presentar a documentación relacionada no Anexo II desta convocatoria.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

A solicitude presentarase na Sección de Bolsas da UDC (Universidade da Coruña) sita no Pavillón de Estudantes no Campus de Elviña de luns a venres de 9 a 14 horas ou no SAPE do Campus de Ferrol (Edificio de Apoio ao Estudo. Avda. Vigo s/n- Campus de Esteiro)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte á súa publicación no Taboleiro de anuncios da Sede electrónica da UDC até o 23 de outubro de 2015.

RESOLUCIÓN
Unha vez que remate o proceso de avaliación das solicitudes publicarase a relación provisional das solicitudes concedidas e denegadas, xunto coa causa que implica a súa denegación. As persoas interesadas disporán dun prazo de cinco días hábiles para achegaren a documentación que permita emendar os erros que se apreciaren. Posteriormente publicaranse as relacións definitivas das solicitudes concedidas e denegadas. Todas as listaxes publicaranse na páxina web da UDC e nos taboleiros de anuncios da Sección de bolsas.

________________________

Nota del blog busurbano:
Insistimos en lo dicho al inicio, esto que os dejamos en este post es un extracto de la información que tenéis disponible en los documentos descargados que os enlazamos tanto al inicio como bajo estas líneas.

Fuente: UDC, PDF condiciones  tanto en galego como en castellano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: