10 de septiembre de 2018

Xulio Ferreiro habla de Movilidad, del Bus urbano, del proyecto de Salvador Rueda, de las tarifas...

Recuperamos del fin de semana algunas de las palabras del alcalde Xulio Ferreiro sobre el transporte Público coruñés. Estas se enmarcan dentro de una entrevista realizada por Gemma Malvido para el diario local La Opinión de A Coruña:

- Hai varios proxectos que se repiten ano tras ano desde a chegada da Marea Atlántica a María Pita, por exemplo, o novo mapa de rutas do bus. No 2017 dicían que sería o ano da mobilidade, pero estamos en 2018 e as liñas de bus seguen coma antes, cando van cambiar?

-Si que está a ser o ano da mobilidade. Ningún outro Goberno municipal se atreveu antes a revisar o contrato da Compañía de Tranvías. Nós demos un paso adiante e practicamos unha política de revisión e fiscalización que creo que vai redundar nunha mellora das condicións do servizo. O traballo do deseño das liñas segue en marcha e eu agardo que poidamos ter noticias en breve. É certo que nos gustaría telas tido antes, pero son traballos técnicos complexos onde, ás veces, xorden cuestións imprevistas, pero seguimos adiante.

- E o proceso participativo?

-Queremos ter ese diálogo tamén coas entidades sobre o proxecto. Mobilidade non son só os buses, tamén é o carril bici, que imos aumentar o número de quilómetros nun 50%, dotándoos de sentido porque teremos o centro e a Universidade conectados. A Cidade Vella foi un proxecto de mobilidade que aínda non está rematado porque imos continuar coa dinamización do barrio. Todas as intervencións que facemos no espazo público responden a un cambio de modelo na cidade, para que a mobilidade sexa máis branda. No transporte público tamén se van producir cambios moito máis visibles que os que tivemos até o de agora.

- Pero cando? Hai uns meses, neste xornal, o redactor do proxecto, Salvador Rueda, dicía que o traballo estaba case feito e que se poderían cambiar as liñas dun día para outro.

-Estamos traballando para facer un estudo inicial e poder presentar unha cousa acabada e que non xere conflitos e que se poida someter á opinión pública sen problemas técnicos.

- Haberá probas con algunha ruta ou será, como el dicía, da noite para a mañá?

-Teremos que ver tamén cal é a duración, aínda que eu son partidario de ir avanzando no que se poida e, despois, facer melloras.

- Mandaron xa á Comisión Europea o contrato da Compañía de Tranvías?

-Enviamos a información que a Comisión de Defensa da Competencia nos requería e, ante unha advertencia así, había que facelo. Non tiñamos ningún interese en non facelo. Ese informe non caeu do ceo, foi provocado por un estudo serio por parte do Concello e unha revisión do cumprimento das condicións dese contrato.

- Como van as negociacións ás que ligaban antes o envío do contrato? pedían rebaixa da tarifa do bus, que fose gratuíto para menores de trece anos e tamén transbordos universais.

-Se non é con negociación, será como unha decisión do Goberno, pero imos implantar esas tarifas en moi breve. Non podo dar a data exacta, pero será axiña.

- Para o vindeiro ano?

-Ou mesmo para este ano.


Fuente:
La Opinión de A Coruña, 09-09-2018, Gemma Malvido  



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios busurbanos...: