20 de febrero de 2014

"UPyD en A Coruña cre necesario mellorar o plan de transporte público metropolitano" (¿se hará...?).

El comunicado de UPyD con este argumento es el que exponemos aquí:

"Ante a reclamación por parte do Consorcio As Mariñas consistente en que os buses metropolitanos poidan entrar na cidade de A Coruña durante todo o día, dende UPyD A Coruña incidimos no desexo de chegar a unha solución óptima nun tema tan sensible para a totalidade dos habitantes do noso entorno, pois tan só mediante o fortalecemento e a racionalización da rede de transporte pública, incluida a metropolitana, se conseguirá potenciar a mesma frente os atascos e a saturación viaria que vivimos hoxe en día.

Dende UPyD en A Coruña xa vimos defendendo a pontenciación do transporte público dende o noso programa para as Eleccións Municipais do 2011, por exemplo coa modificación dalgunhas liñas de bus ou co establecemento dunha “tarifa plana” de bus urbano, de xeito que pagando unha cuota ao mes se poidan facer todas as viaxes en bus que se precisen, favorecendo tamén a mobilidade urbana dos veciños dos Concellos limítrofes que moitas veces precisan de varios transbordos para chegar ao seu destino de traballo ou ocio.

O portavoz de UPyD en A Coruña, Santiago Folla-Cisneros, sinala que...
“...pór facilidades para que os cidadáns dos municipios limítrofes poidan acceder á cidade e moverse por ela é fundamental para o correcto funcionamento da mesma.

Tendo a nosa cidade unhas características de mobilidade tan salientables, todo o que sexa potenciar o transporte público repercutirá de maneira moi positiva para todos os coruñeses”.

Fuente: corunamagenta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios busurbanos...: