31 de diciembre de 2015

La VI Carrera de San Silvestre altera el paso de las líneas de bus urbano por el centro de #Coruña.

La web del concello da Coruña nos alerta de las incidencias que afectarán al discurrir de las líneas de bus urbano en esta última jornada de 2015. Se trata de la tradicional carrera popular San Silvestre, en su VI edición:

O servizo de autobús urbano modificará o itinerario das liñas que circulan polos Cantóns durante a celebración da proba:

O servizo de de autobús urbano experimentará modificacións nas liñas que percorren o centro da cidade con motivo da celebración da VI San Silvestre Coruña. A principal afección do transporte público será o corte nos Cantóns. 

  • Liñas 1, 1-A, 2, 2-A, 17, 23 e 23-A:
Cambiarán o itinerario de saída da cidade e circularán por Ambrosio Feijoo e Alférez Provisional.

En rojo, el recorrido anulado temporalmente; en verde, el alternativo.
Vemos "fallo": No hay paradas alternativas en Alf. provisional.
  • Liñas 3 e 7:
Durante a concentración no Obelisco, as liñas 3 e 7 continuarán por San Andrés, Rúa Alta, Paseo Marítimo, Hospital, Praza de España e Orillamar.
  • Liñas 3, 3-A, 4, 6, 6-A, 7 e 11:
A marcha das e dos deportistas pola Praza de Pontevedra provocará que as liñas 3, 3A, 4, 6, 6A, 7 e 11 agarden até o paso da cola da carreira pola mesma para continuar co seu percorrido habitual:
  • 3 e 7 por Santa Catalina 
  • e 3-A, 4, 6, 6-A, e 11 polo Paseo Marítimo, xa que a carreira só ocupará os carrís máis próximos o mar.
  • Liña 3:
Finalmente, a liña 3, en sentido Adormideras - Praza de Pontevedra, circulará pola avenida de Navarra, rúa da Torre, Praza de España, Panadeiras, Orzán e San Andrés, incorporándose na Praza de Pontevedra ao seu itinerario habitual.
_______________________

Las demás indicaciones preceptivas, así como el recorrido, las detallamos a continuación:
A tradicional Carreira de San Silvestre celebra a súa sexta edición nas rúas da Coruña. A proba, de carácter festivo, pechará o ano deportivo da cidade cun trazado que percorrerá o litoral coruñés e os barrios de Peixería e Cidade Vella.

Máis de 3.000 deportistas populares sairán ás 17.00 horas do Obelisco co obxectivo de chegar á meta que estará situada na Praza de María Pita. Como vén sendo habitual, a Carreira de San Silvestre, organizada polo Concello da Coruña e o Club Rialto, premiará os mellores disfraces individuais e colectivos das e dos corredores, ademais das primeiras persoas clasificadas das distintas categorías.

O trazado, dunha soa volta de 7,6 kilómetros, terá a saída no Obelisco. Unha vez tomen a saída ás 17.00 horas, as e os deportistas dirixiranse cara o Paseo Marítimo (pasando polo Cantón Pequeno, Juana de Vega e Praza de Pontevedra) onde, a través do carril máis próximo á praia, chegarán até a Torre de Hércules.
Alí continuarán pola Glorieta de Gerión, Paseo dos Menhires, Adormideras, avenida Regata Cutty Sark e glorieta da residencia de maiores Torrente Ballester, para despois incorporarse, novamente, ao Paseo Marítimo e subir cara á Hípica e Maestranza polo lado do cemiterio. Neste último tramo da San Silvestre, as e os atletas populares percorrerán a Cidade Vella a través de Herrerías, Puerta de Aires, Damas, Praza de Azcárraga e Plazuela de los Ángeles até chegar á meta, ubicada na Praza de María Pita.

A proba liberará o tráfico unha vez pase a cola da carreira, que ten prevista a súa finalización ás 19.00 horas. Os cortes comezarán ás 15.30 horas co tráfico de saída polos Cantóns, e desviarase por Ambrosio Feijoo cara Alférez Provisional, e volverá á normalidade ás 17.30 horas. Ás 16.55 horas cortarase o tráfico na entrada da cidade cara os Cantóns na praza de Ourense, e na baixada polo Paseo Marítimo, desde a Torre de Hércules até a fonte das Catalinas. Tamén, á mesma hora, cortarase o tráfico na praza de Pontevedra e desviarase cara a Juan Flórez. Os vehículos circularán de novo con normalidade á medida que avancen as e os últimos corredores.

Desde as 17.15 horas os cortes afectarán aos últimos tramos da San Silvestre (Adormideras, Maestranza e Cidade Vella). A organización sinalará con valos e balizas as zonas destinadas para os aparcadoiros no Paseo Marítimo até a súa confluencia coa rúa Veramar para evitar o movemento de vehículos estacionados, e colocará conos nas distintas rúas e avenidas para canalizar e facilitar a circulación de vehículos así como o acceso da veciñanza.

Feliz Carrera!

PD: Es una lástima que la celebración de la Carrera de San Silvestre no se retransmita en directo a través de las redes; si se hiciese así, estaríamos ante una nueva "modalidad de participación" desde casa:
el "San Silvestreaming"... ;-)

Fuente e imagen: Concello da Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios busurbanos...: