18 de agosto de 2014

Aumentou en Galicia nun 2,4% en xuño o uso do transporte urbano fronte á caída da media nacional.

Galicia é a terceira comunidade en que aumenta o número de viaxeiros de transporte urbano en autobús, segundo os datos de transporte de viaxeiros do Instituto Nacional de Estatística.

Logo do País Vasco e as Canarias, os galegos son os pasaxeiros que máis aumentaron o uso do autobús como medio de transporte urbano. O incremento é dun 2,4% con respecto a xuño do ano pasado, con máis de 4.900.000 usuarios.
Pola contra, na media de España, o número de viaxeiros no transporte público caeu un 1,8%.
Fuente: crtvg.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios busurbanos...: