"O vimos denunciando dende fai tempo, os problemas de mobilidade, mais na Coruña que ten un déficit histórico, non se resolven con ideas repentinas, senón que requiren dun profundo estudo para que as medidas que se tomen sexan efectivas.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que coa chegada ao poder do PP, A Coruña incrementou o grado de déficit en mobilidade debido á nula planificación e ao electoralismo dun goberno local que lonxe de pretender resolver os problemas da veciñanza centra a súa acción de goberno en procurar acadar os votos necesarios para gañar a alcaldía nas seguintes eleccións municipais e o fai a golpe de titular, fotografía e golpe mediatico.
Dende EU entendemos como unha chapuza e unha sen razón, que se tomase a decisión de retirar o carril bus antes de dispor dun plan de mobilidade. Este tipo de actuacións demostran a absoluta falta de planificación do goberno local e a súa arbitrariedade a hora de tomar decisións que afectan a vida dos coruñeses e coruñesas.
Esquerda Unida culpabiliza ao goberno municipal de que A Coruña lidere o descenso de usuarios do bus urbano no 2012. Así o transporte colectivo municipal perdeu 623 mil viaxeiros respecto ao 2011 o que supuxo un 2,72%, máis do triplo de perdas de viaxeiros que en Vigo con 200 mil pasaxeiros (e un descenso porcentual do 0,90%) e moi superior ao de resto de cidades galegas como Ourense con 73 mil (0,99%), Santiago con 26 mil (0,36%), Lugo con 28 mil ou Pontevedra con 19 mil.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que...
...argumentar que o carril bus é do século pasado cando as grandes cidades europeas o utilizan masivamente, demostra que o goberno local vive nunha realidade paralela, desoindo incluso o informe da comisión técnica municipal que aseguraba que coa súa eliminación non se poderían cubrir as frecuencias, como posteriormente se constatou coa perda de 114.000 usuarios na liña catro que é unha das máis afectadas pola retirada do carril bus.
César Santiso salientou:
O fracaso da política de mobilidade do PP é un feito, os datos corroboran está afirmación, semella inaceptable substituír unha plataforma dedicada pola chamada vía prioritaria e aínda por riba subir as tarifas do autobús o resultado está claro: en termos porcentuais o descenso de viaxeiros do transporte público e 8 veces superior que o acontecido en Santiago e 3 veces superior que en Vigo.
Fuente: Blog de Esquerda Unida
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: