¡De interés busurbano!

1 de junio de 2011

"EU rexeita a suba do autobús" (postura de Esquerda Unida en contra de la subida del bus).

Este post se incluye como contenido en el blog busurbano no atendiendo a razones políticas sino a lo interesante de alguna de las observaciones, propuestas o "sugerencias" que leemos en este artículo -vía Twitter- :

A compañía de tranvías de A Coruña, concesionaria do transporte público colectivo na nosa cidade, ven de subir o billete do autobús até os 1,15 €. 5 céntimos de suba neste ano, o que ven a supoñer case que un 5% de incremento, un 50% superior ao Indicador de Prezos ao Consumo (IPC) que a 30 de maio mostraba unha variación anual do 3,5%.


Esquerda Unida rexeita a suba da tarifa do transporte público colectivo e solicita ao Goberno municipal entrante que desenvolva iniciativas para reverter a situación, como a modificación da fórmula matemática que regula a revisión dos prezos, pois a xuízo de EU o transporte público coruñés, a pesares de estar fortemente subvencionado con cartos públicos, e deficiente e caro.

O consello comarcal de EU Coruña entende que o concello debe promover a redución do billete do autobús urbano para favorecer o seu uso, do contrario calquera plan de mobilidade estará condenado ao fracaso e consecuentemente manterase o actual caos de tráfico coa contaminación atmosférica e o malgaste enerxético que trae aparellado.

O concelleiro electo de EU-V, César Santiso, indicou que “os poderes públicos deben potenciar a utilización do transporte colectivo, xa que logo, solicitaremos ao concello que negocie a redución da tarifa”, pois 1,15 € por viaxe non semella nada atractivo para a veciñanza, tampouco os 0,71 € de custo por viaxe para aqueles que utilicen a tarxeta de transporte. Con todo, outras tarifas como as que pagan xubilados, pensionistas e minusválidos (0,26€) ou os universitarios (0,21€) poden considerarse competitivas."

EU aboga...

"pola tarifa única progresiva que consiste no pagamento do billete inicial e por cada transbordo ao longo do día tan so un 10% do pagamento inicial, a gratuidade para os estudantes no seus traxectos cara ao seu centro de ensino, ou a subvención progresiva segundo a capacidade económica da unidade familiar, para os máis necesitados.

O transporte colectivo é un servizo estratéxico de primeira necesidade nas sociedades modernas, polo tanto debe ser considerado como un ben social e non como unha oportunidade de negocio. Se a compañía de tranvías no o entende así, debemos comezar a avanzares cara a súa municipalización en aras do beneficio colectivo
”.

Fuente: esquerdaunida.org,vía Silcerino/twitter.

2 comentarios:

  1. la subida del centimo sera para compesar la subida del 6% que tuvieron los empleado0s este año

    ResponderEliminar
  2. Que lo confirmen los propios buseros si efectivamente es así... :)

    ResponderEliminar

Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: