¡De interés busurbano!

21 de septiembre de 2017

Os cambios levan tempo, e máis nunha área como esta (Daniel D. Grandío, concelleiro de Movilidad).

En La Opinión de A Coruña leemos una entrevista, realizada por Rubén D. Rodríguez, al Concelleiro de Mobilidade Sostible Daniel Díaz Grandío. Obviamente la añadimos a esta bitácora busurbana, en la mitad de la Semana de la Movilidad 2017.
"As cidades evolucionan cara un modelo no que se evita a mobilidade en vehículo privado e se facilitan outros medios de locomoción" 

Esta frase do concelleiro de Mobilidade vén a resumir as apostas do Concello polos transportes alternativos aos turismos, expostas estes días nas actividades da Semana da Mobilidade e reflictidas en proxectos próximos ou máis a longo prazo, como a implantación de carrís bici ou modificacións no transporte público.



Daniel Díaz defende a mellora dos espazos públicos no centro urbán e agarda que a entrada dos buses da comarca non teña fortes afeccións no tráfico.

- Que ten que aportar a cidade na Semana da Mobilidade sobre a promoción dos transportes alternativos ao coche?

-Creo que unha marxe de mellora moi importante. Os datos que temos dinnos que somos un concello no que a maior parte dos desprazamentos fanse a pé. O gran salto de calidade que daría a mobilidade da cidade é na súa relación coa área metropolitana, da que o noventa por cento dos desprazamentos cara á cidade son en coche.

- Nótanse nestes dous anos de mandato os cambios na mobilidade que o Goberno da Marea quere propiciar, ou aínda non?

-Os cambios levan tempo, e máis nunha área como esta. Falamos da rutina de moitas decenas de miles de persoas que nos movemos por traballo, estudo, ocio... Os cambios teñen que ter un respaldo técnico moi contundente e temos que buscar a ferramenta política para que sexan aceptados pola maior parte da poboación.

- O bus urbano, por exemplo. A incerteza sobre a vixencia da concesión da Compañía de Tranvías aparca proxectos previstos, como a restruturación das liñas ou a recuperación do carril bus que Marea sempre promoveu?

-Claro. A apertura desta liña de traballo nos impide facer outras cousas. Se a concesión durase ata 2024 poderiamos estar a invertir en grandes proxectos. Non diría que se aparcan estos temas, pero o ritmo é outro. Como temos que estar preparados por se non se pode manter a actual concesión ata 2024, en menos dun ano imos sacar a licitación o contrato para unha nova concesión tras o ano de prórroga dado a Tranvías, e iso supón unha carga de traballo para facer unha tramitación no que todo ten que estar perfecto.

- Dentro dun mes haberá máis buses no centro da cidade, coa entrada dos buses interurbanos. Que expectativas sobre o tráfico ten o Concello?

-Non nos preocupa tanto o atasco do vehículo privado senón a afección ao sistema do transporte público urbano e a calidade do seu servicio. Falamos da penetración de 300 autobuses por unha canle pola que pasa un bus urbano cada dous minutos.
Debe lembrarse como chegou este plan: presentado hai un ano sen consultarse cos concellos e logo con variacións grazas ás nosas achegas, o que dá unha imaxe do xeito en que conta a Xunta con este concello. Feitos os cambios, o plan xa non permite entrar aos autobuses chegados desde concellos lonxanos.

- Que control vai facer o Concello do tráfico pola implantación do plan da Xunta?

-Coa última versión do plan acordamos que a entrada de buses se faga por fases, de xeito que as dúas administracións coordinen cantos buses van entrar en cada fase. Se por exemplo entran dez buses e non hai problemas no transporte público, poderán entrar máis; pero se na segunda fase hai problemas, póderase volver á anterior.

- Quedan por facer máis obras nas paradas?

-So na marquesina da rúa Entrexardíns cando rematen as obras de saneamento e as canalizacións que se están a facer en Santa Catalina e traballos mínimos coordinados entre a Xunta e o Concello, que poderían levar dous ou tres días. Falamos de mediados de outubro cando empecen a entrar os buses da comarca.

- Dous carrís bici aprobados, ou case: polo litoral desde a Marina ata a Pasaxe e no interior entre A Palloza e Matrogrande. Hai unha demanda real ou é unha aposta do Goberno local?

-Ten perspectivas de triunfar polas dúas partes. Hai unha demanda real incipiente que nos indican os datos do sistema de bicicleta pública, tanto do servizo como de infraestruturas. Vense máis bicicletas na cidade, e aínda que non as podemos cuantificar teremos indicadores o vindeiro ano. Isto únese á nosa aposta para que a mobilidade ciclabe se convirta en rutinaria e diaria. Estes dous carrís van ser unha punta de lanza para a bicicleta.

- Tanta obra nas marxes dos viais para crear os carrís bici van causar incomodidades no tráfico e nos veciños?

-Os carrís van tecer rede e como pode que as obras se adxudiquen e se executen ao mesmo tempo non teñen por que causar problemas. Suman sete quilómetros, son seguros e segregados, separados do tráfico rodado e peonil na súa maior parte. Salvo en momentos e accións puntuais, non se prevé gran afección porque non se actuará en toda a sección da vía.

- As transformacións feitas na Marina deixan satisfeitos en xeral a veciños, condutores, traballadores e outros usuarios?

-Cada veciño terá o seu criterio, pero non se pode dubidar de que é un espazo máis peonil con moito menos ruido e carga ambiental. Eu penso que a hostelería da zona deu un salto de calidade e cantidade. Os camións de reparto cambiaron máis a súa rutina e logo das queixas iniciais agora xa están afeitos a unha nova rutina.

- En xullo, as cámaras da Marina multaban a unha media de 155 vehículos ao día. Un ano e medio despois da apertura, son moitas infraccións?

-Sen os datos máis recentes, si podo asegurar que o número de sancións vai baixando cos meses. É normal polo importante cambio na mobilidade feito na zona, e as infraccións deberían baixar máis.

Cierto, no se ven las señales... ;-P
- Nos Cantóns os coches aínda non circulan por un só carril por sentido, como dixo vostede hai un ano que trataría de promover. Tamén apostou por pechar a zona ao tráfico en fins de semana. Non é posible pór en práctica estes proxectos?

-É unha zona de oportunidade ampla. Estes días, coa Semana da Mobilidade, fixemos esa limitación no Cantón Grande. É unha declaración de intencións para facerlle ver aos veciños que ese espazo gañado ao vehículo non xera problemas na mobilidade dunha zona na que se reduciu moito a carga de tráfico.

- O Concello alegou polo proxecto presentado de Fomento para ampliar e humanizar Lavedra. Non se lle fixo caso ás propostas municipais?

-Levamos unha decepción. Chegamos a acordos con Fomento que non se viron reflectidos despois de tantas conversas. Nos bordes non hai boa accesibilidade ás paradas do autobús e as pasarelas peonís son rácanas en canto ao ancho disponible.

- Prevé máis atrasos dos que xa houbo?

-Fixemos todo o posible para que non os houbera e agora non estamos a recibir a mesma prioridade do Estado. Non podemos máis que alzar a voz.

- Porque hai tamén atrasos na intermodal.

-Neste caso dámoslle prioridade absoluta a que os nosos técnicos colaboren cos das demás administración. Gustaríanos que a relación fose máis fluida. Nos últimos meses desatascamos cuestións paralizadas por razón máis políticas que técnicas.

- Dobre fila. Hai medidas contra isto máis aló das sancións?

-Unha vía para acabar coa dobre fila é a disciplina viaria, na que non se deixa de traballar, pero custa verse en certas partes da cidade. A Policía Local non deixa de traballar neste sentido.

- Rematar de peonizar a Cidade Vella, que puxo en marcha o Goberno local anterior, non é prioritaria?

-Nunca deixamos de traballar niso. Temos un vector de traballo claro xunto coa área de Rexeneración Urbana, pero non me vou coller os dedos dicindo datas. Imos agardar aos próximos meses.

- Máis buses no centro xunto aos turismos, dous carrís bicis novos, obras nos marxes de Lavedra... Con estas previsións de obras e medios de transporte, poden chegar os veciños a pensar que vai ser máis difícil a súa mobilidade pola cidade?

-Os veciños van a ter que adaptarse. As cidades evolucionan nos últimos lustros cara un modelo no que se evita a mobilidade en vehículo privado e se facilitan outros tipos de medios de locomoción. O centro urbán tén que deixar de ser unha bolsa de aparcamento para convertirse nun espazo público que se poda disfrutar. E niso tén que continuar a nosa cidade, na búsqueda dunha proximidade que non teña reticencia a cambiar as nosas rutinas. Creo que ao final todos estaremos orgullosos de que o vehículo se adapte a unha cidade nova, de que a bici teña o seu espazo e de que o peón faga a cidade camiñable.

Fuente:
La Opinión de A Coruña
Imagen:
Blog Busurbano

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: