¡De interés busurbano!

5 de abril de 2015

Daniel Díaz Grandío: "O transporte público non está a funcionar como reclamo para que a xente aposte polo cambio"

Daniel Díaz, Presidente da Plataforma pola Mobilidade Sostible aparece hoy entrevistado en La Opinión de A Coruña, respondiendo a cuestiones relacionadas con la Movilidad y el transporte público. Vamos a ver qué ha comentado...:

-Que lle parece a nova tarifa do bus urbano implantada polo Goberno municipal?

-Para nós a tarifa ten dúas caras. Como usuario, podemos facer unha lectura positiva xa que toda tarifa nova que axude a aforrar cartos é boa. Como cidadán, vemos outras cousas en contra.
  • A primeira é o feito de que o usuario é quen ten que adiantar os cartos, aínda que se lles devolvan posteriormente. Tampouco axuda moito o límite para acceder ás viaxes de balde que se puxo, xa que non moitos veciños chegarán ás 44 viaxes coa tarxeta ordinaria e moito menos os que fagan uso do bono social, que terán que sobrepasar as 70 viaxes
  • Outra parte mala que é que realmente quen vai pagar isto vai ser o Concello para beneficio dunha Compañía de Tranvías que xa ten un balance anual de beneficios bastante grande.

-Como debería ser ese novo modelo tarifario alternativo ao actual?

-Habería que sentarse a negociar coa Compañía de Tranvías. Hoxe o certo é que o Concello paga unha subvención directa a esta empresa e cremos que este tipo de bonos ou tarifas especiais debería negociarse con Tranvías para que o custo non repercuta nas arcas municipais e o asuma a empresa.

-Daquela non están en contra do sistema de descontos a partir dun máximo de viaxes?

-As nosas opcións serían máis favorables a crear unha tarifa plana, coa que pagar e ter viaxes ilimitadas. Deste xeito, aqueles que queiran facer uso deste bono o terían máis doado e estarían obrigados a pasar un mínimo de traxectos. Realmente, co límite que se puxo, os beneficiados deste cambio van ser moi poucos e, atendendo ao datos do ano pasado, non pasará dun 2% do total das viaxes. Iso é moi pouco.

-Pensan que o novo modelo axudará a incentivar o uso do bus urbano?

-Supoño que se incentivará naquela xente que usa a diario o transporte urbano por motivos laborais ou académicos e agora poden animarse a usalo nas fins de semana para que poda chegarlle a saír de balde algunha viaxe.

-Despois de catro anos de Goberno municipal, que cre que debería cambiar no sistema de transporte urbano da cidade?

-O único cambio salientable a nivel dos usuarios ven en campaña electoral, para rabia dos cidadáns. Eu creo que habería que comezar a labrar o futuro do transporte público cunha revolución total que ten que consistir nunha renovación do mapa de liñas de autobuses. O que agora temos é un mapa caduco que se foi adaptando durante os últimos 20 anos sen miras de futuro. Os polígonos industriais, por exemplo, están mal servidos e o mesmo acontece con novas realidades urbanas como o barrio de Novo Mesoiro. Son zonas que están pesimamente servidas e nós entendemos que todos os déficits de movementos que ten a cidade teñen que ser cubertos como primeira opción polo transporte público. E para iso fai falta unha renovación desde a base.

-Unha reordenación total, non sería algo caótica? Os veciños xa están acostumados ás liñas de buses desde hai décadas

-Xa, pero precisamente se o Concello quere lograr un cambio real no transporte ten que facer todo o posible para que o transporte publico o usen non só os usuarios actuais senón todos aqueles que actualmente se moven en coche pola cidade. E o transporte público non está a funcionar como reclamo para que a xente aposte polo cambio. O cambio está en que o transporte público o utilicen os veciños que non teñen carné nin coche e aqueles que si o teñen.

-Acábase de aprobar tamén a ampliación das zonas 30, para rúas interiores de barrios como Agra, Sagrada Familia ou Os Mallos. Que lle parece?

-A medida parécenos un grande paso adiante. A lástima que nos queda é que se tome a un mes das eleccións, despois de catro anos de goberno.

Como funcionará? Nós poremos todo o que estea na nosa man para que isto funcione. O que nós vimos reclamando é que o espazo das rúas ten que ser un espazo para habitar, para xogar, para comerciar e as zonas 30 penso que poden ser un revulsivo para un cambio real no modelo de cidade que buscamos, no que tamén se prime a presenza das bicicletas como un medio de transporte sostible.

A nova é positiva pero a pena é que se implante a un mes das eleccións e do cambio de goberno...

Fuente e imagen: La Opinión de A Coruna

1 comentario:

  1. Hay un dicho por ahí que dice que es mejor ponerse una vez rojo que 100 veces amarillo. Una reordenación total de líneas sería caótico al principio, mucho, pero a la larga iba a venir mejor, porque llevamos décadas con remiendos y alargamientos de líneas mientras la ciudad crece y cambia, y eso afecta a las frecuencias. El 11 con todo el rodeo hasta el Marineda, todos los que ahora acaban en Los Rosales en vez de Labañou, el 1A con su entrada en Matogrande... y así seguro que muchos casos.

    Creo recordar que en Vitoria lo hicieron en su día, reordenación total de líneas, y ahpra es un ejemplo a nivel nacional.

    No es lo mismo pero ha pasado algo parecido con los distintos anchos de vía en el ferrocarril español, el ibérico y el internacional, en su momento alguien tendría que haber dado el paso del cambio de ancho y no estar creando duplicidades de líneas, mayor gasto de mantenimiento, material rodante más caro, cambiadores de anchos...

    Pues eso, que alguien le eche narices y que lo rehaga todo, seguir como hasta lo único que conseguirá es que el actual transporte público colapse.

    ResponderEliminar

Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: