A concelleira de barrio recoñeceu recentemente a imposibilidade de mellorar as conexións de bus de Novo Mesoiro, escudándose na blindaxe do contrato coa Compañía de Tranvías pero obviando a posibilidade que ten o goberno municipal de negociar coa dita empresa concesionaria.
Esquerda Unida propón conectar Novo Mesoiro co CHUAC e a Universidade, mediante transporte público colectivo. O barrio, un dos máis populosos e mozos da cidade, necesita urxentemente mellores conexións de autobús para paliar as grandes eivas que padece en canto mobilidade, tal e como demanda a Asociación Veciñal Novo Mesoiro; xorde por tanto, a necesidade de crear unha nova liña, ou ben desviar as existentes (21, 23, 23A) para conectar:
Novo Mesoiro >> zona de Espacio Coruña >>
Universidade >> Matogrande >> con destino
final no CHUAC e no Materno Teresa Herrera.
Chegou, por tanto, o momento de poñer coto ao albedrío da Compañía de Tranvías que segue a estruturar as comunicacións locais, impoñendo uns horarios e unhas condicións que obrigan as veciños a adaptarse ás condicións da concesionaria en lugar de que esta se adapte as necesidades da veciñanza.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistra unha pregunta plenaria de resposta escrita para coñecer si o goberno local ten pensando mediar coa Compañía de Tranvías para conectar Novo Mesoiro, concretamente:
Vai mediar o goberno Municipal ante a Compañía de Tranvías da Coruña para axeitar unha liña co seguinte percorrido “Novo Mesoiro-CHUAC”, que permitiría unir Novo Mesoiro, Feáns, Mesoiro, Campus de Elviña, Espazo Coruña, Matogrande, Teresa Herrera e CHUAC, para que entre en servizo no 2015???
En caso afirmativo, podería sinalar horario de inicio e remate, asignación de buses e frecuencias, que ben poderían ser similares ás que actualmente cobren o servizo entre Feáns/Mesoiro co centro da cidade???
En caso negativo, pode explicarlle á veciñanza afectada, as razóns fundandas que motivarían non dotar deste servizo???
O voceiro de EU-V, César Santiso, sinala que “o goberno municipal debe garantir que os servizos públicos cubran as necesidades da veciñanza. Escudarse en “blindaxes” contractuais tan só serve para eludir responsabilidades, apostamos por reestruturar as liñas de buses para que ningún barrio permaneza illado do CHUAC e do campus universitario”.
También el BNG se mostró interesado en procurar el progreso y la evolución de la movilidad de los vecinos de este barrio. Hicimos mención de ello hace unos días aquí en el blog busurbano:
- El grupo municipal del BNG, a instancias de la asociación de vecinos de Novo Mesoiro, ha exigido al gobierno local que se cambien las líneas del transporte urbano para unir los barrios de Novo Mesoiro, Mesoiro y Feans con el campus de Elviña y el Chuac. Los nacionalistas denuncian que los actuales servicios de Nuevo Mesoiro son deficitarios y que, después de los últimos cambios en la líneas, no debería haber problemas para introducir más modificaciones. El Bloque anunció que presentará una batería de preguntas para saber si los conservadores van a solicitar esos cambios a la Compañía de Tranvías.
Conclusión: Excepto el ayuntamiento, todos los demás se preocupan por el barrio de Novo Mesoiro que con una población de... ¿10.000 habitantes aprox.? tienen una sola línea de bus urbano al centro de la ciudad.
(Por cierto, muy interesantes los comentarios en ese post del blog del barrio...)
Fuente: novomesoiro.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: