¡De interés busurbano!

4 de diciembre de 2011

"Un 45% sobre el IPC". Esquerda Unida- Os Verdes también señala a la subida del bus urbano.

Este es el texto que se recoge en su web oficial a nivel local:

A pesar dos graves problemas de mobilidade que ten A Coruña polo uso masivo dos automóbil debido ás deficiencias do transporte público, a xunta de Goberno local ven de aprobar a suba das tarifas do bus urbano, pasando de 1,15 a 1,20 €.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que o Goberno local incrementa as tarifas do transporte público colectivo un 45% por riba da suba da vida reflectida no IPC / Índice de Prezos ao Consumo. Así, a suba do bus supón un 4,4%, mentres que o IPC de novembro situouse no 3%. Resulta lamentábel a aptitude do PP que baixo as presións da Compañía de Tranvías, incrementa escandalosamente os prezos do bus en plena crise, danando gravemente a economía das familias traballadoras coruñesas, mentres fomenta o uso do vehículo particular, pois a súa utilización resulta moito máis rendíbel en termos económicos, debido ao elevado prezo do bus urbano. Situación que afonda na caótica situación do tráfico na nosa cidade, nos índices de contaminación, no cambio climático e na nosa dependencia do petróleo.

Esquerda Unida insta ao Goberno municipal a revisar o contrato da concesionaria para reducir os prezos do transporte público. Unha empresa que esta a obter grandes beneficios grazas ás subvencións do Concello. Así no exercicio 2010 obtivo máis de catro millóns de euros de beneficios debido á subvención de 7,2 millóns de euros outorgada polo PSOE. 788.537€ máis que no 2009 cando obtivo un beneficio de explotación de 3,2 millóns de euros. E dicir a Compañía de Tranvías está a incrementar os seus beneficios tanto como incrementan as subvencións do Concello.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é inaceptábel que o Goberno municipal incremente un 4,4% os prezos do bus para saciar as ansias de capital dunha empresa que desenvolve un servizo que non comprace a veciñanza e obtén beneficios millonarios a consta das subvencións do Concello, os coruñeses e coruñesas estamos a pagar un dos servizos de transporte publico colectivo máis caros de España”.

“Que intereses son os que moveron a PSOE e moven a PP a outorgar semellante trato a Compañía de Tranvías?”, preguntouse César Santiso quen afirmou “En tempos de crise todos temos que arrimar a ombreira, mais semella que os recortes son so para as familias traballadoras. Esiximos que se renegocie a baixada das tarifas do bus coa concesionaria”.

Fuente: esquerdaunida.org
Imaxe: Blog Busurbano

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: