Os veciños da cidade de Boulder (Colorado, EEUU) poden presumir de ter un sistema de autobuses feito por completo á súa medida: os vehículos, os traxectos e mesmo as frecuencias foron deseñados segundo o que o pasaxeiro pedía.
Sete liñas especiais de bus forman a 'Community Transit Network (CTN)' desta cidade, sede da Universidade de Colorado: Jump, Bound, Skip, Hop (agora tamén Hop2), Stampede, Dash y Bolt. Todos estes nomes fan relación a un movemento como correr, saltar, brincar ou precipitarse, verbos que serven pra identificar cada unha das liñas e a sua infraestructura: dende os propios veículos ata as paradas e incluso os planos.
O Concello desta cidade inmersa nas Montañas Rochosas formulouse nos anos 80 buscar unha alternativa de calidade que puidese competir co coche. Co obxectivo de diminuír a conxestión do tráfico e mellorar a calidade do aire, en 1989 creouse o 'Transportation Master Plan' da man de 'Go Boulder' e 'Regional Transportation District' (RTD). Este plan encargouse de planificar os diferentes modos de transporte sostible da cidade, e entre eles incluíase a creación dun innovador sistema de autobuses de alta frecuencia que se adaptase ás necesidades dos residentes e á vez resultase atractivo.
Neste aspecto, ocorréuselles que o mellor era preguntar aos futuros usuarios deste transporte, de modo que toda a planificación destas sete liñas especiais de bus contou coa participación dos residentes, empregados e visitantes desta cidade próxima a Denver.O plan aínda continúa con este espírito e a día de hoxe séguese tendo en conta os que collen diariamente o bus: se se formula algún cambio na ruta dunha das liñas, os residentes afectados reciben un correo electrónico para notificalo.
Para mellorar a mobilidade desta cidade, o plan tamén traballou na integración dos autobuses con outras formas sostibles de moverse como son a bicicleta e camiñar. Moitos dos usuarios destes autobuses son ciclistas e por iso, todos os vehículos levan na súa parte dianteira un portabicletas e un maleteiro lateral onde levar as bicis.
Ademais, o deseño destes autobuses é sen dúbida do máis orixinal. O exterior chama a atención por os seus rechamantes cores e debuxos (lúas, soles, vacas, caixas de pizza ou mesmo fórmulas matemáticas); e no interior, a disposición dos asentos é diferente ao que estamos afeitos a ver nun autobús: están colocados de forma que os pasaxeiros sentan uns en fronte doutros para fomentar a conversación. Tamén hai música para os que non lles apeteza falar. O condutor preséntase aos pasaxeiros a través de un vistoso cartel que expón o seu nome. Todo co obxectivo de crear un ambiente máis amigable que anime ao cidadán a optar por este transporte público e deixar aparcado o seu coche. Cada vehículo conta tamén con acceso para sillas de rodas.
Outro dos servizos que fan que este transporte sexa cómodo é a creación do Eco Pass: unha tarxeta de transito anual que permite aos residentes montar en todo o sistema de autobuses de RTD con importantes descontos e da que xa gozan 65.000 habitantes da cidade (dos 100.000 que rexistra). Esta iniciativa mellora, sen dúbida, o atractivo deste transporte público: o aumento de usuarios dende 1990 a 2002 foi dun 500%.
Estamos estremecidos; si hubiese un loco que plantease y pudiese llevar a cabo esto en Coruña con éxito, sería el héroe local y habría que santificarlo... (El blog de Los Mallos se pregunta por qué no copiar las buenas ideas -que también es nuestra filosofía-. Mucho nos tememos que para copiar, hay que saber copiar, y adaptar). En cambio, habrá que aguantar con lo que disponemos: escasez de ideas e iniciativas sin imaginación.
(Fuente alternativa previa: soitu.es)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: