"E aquí volve a aparecer unha vella reclamación deste blog, que non é outra que o transporte público entre a Sagrada Familia e o Hospital Abente y Lago, un hospital da Sanidade pública ao que trasladan cada vez máis cousas, desta vez, nada máis e nada menos que TODA a unidade de Oftalmoloxía do Materno (no Canalejo nos últimos meses).
Polo tanto, o Blog volve reclamar unha modificación nalgunha das liñas de buses urbanos que pasan pola Sagrada Familia para que os veciños desta zona do barrio poidan trasladarse dunha forma máis sinxela a este Hospital da Sanidade pública, sen necesidade de transborbos ou de facer a pé un tramo do camiño.
Lembramos que os buses máis próximos á Sagrada Familia que van ata o Abente y Lago son a liña 5 (para na zona dos Xulgados) e a liña 7 (para fronte as casas de franco e despois en Villa de Negreira).
Fuente: Blog de Los Mallos y 20minutos
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Aquí tienes tu espacio para comentarios busurbanos...: